Redacción 13/05/2021

Segundo denuncia o PSdeG de Mos, o goberno municipal retirará 30.000 euros da partida do plan HURBE “destinada á humanización da contorna da Igrexa de Torroso”, para cubrir a dedicación exclusiva do novo concelleiro de urbanismo, José Areal.  O empresario local sustituíra a Begoña Toucedo na concellería de deportes pouco tempo despois da polémica viaxe desta a Serra Nevada durante as festas de Nadal.

 

O PSdeG de Mos envía un comunicado onde critica a decisión da alcaldesa Nidia Arévalo de modificar os orzamentos deste ano para poder asignar ao novo concelleiro de urbanismo unha retribución por dedicación exclusiva de 31.800 euros anuais. Areal sustituíu o pasado mes de marzo a Begoña Toucedo na consellería de deportes, e pouco despois asumíu as competencias de urbanismo.

Esta dedicación exclusiva, creada no mes de abril, será a quinta do goberno municipal. Segundo indican os socialistas, “`para a súa creación foi necesario facer unha modificación das partidas do orzamento, retirando 30.000€ do Plan HURBE destinado a humanización da contorna da Igrexa de Torroso, para aumentar a partida de soldos de goberno”. Tal cuantía do HURBE pasa a ter que ingresarse no vindeiro ano, polo que “o orzamento do ano 2022 será perxudicado por esta cota que haberá que abonar e polo novo soldo de 31.800€ do Sr. Areal”.

Desta maneira, o goberno municipal de Mos pasa a ter 4 concelleiros e a alcaldesa con dedicación exclusiva, o que lle suporá para as arcas municipais un gasto de máis de 176.000€. A cuantía aumenta ata pasar dos 200.000€, sumando o soldo da persoa de confianza da alcaldesa que é a responsable de prensa municipal. Estes máis de 200.000€ repartiríanse entre os soldos de seis persoas do actual goberno, xa que o resto de concelleiros de goberno cobran dietas por asistencia a xuntas de goberno, comisións e plenos que oscilan entre 700€ e 800€ mensuais.

Dende a bancada socialista, Victoria Alonso, considera que esta situación supón facer un “despilfarro en tempada de crise sanitaria e económica”. Non entende como unha reorganización do Partido Popular pode custar a toda a veciñanza máis de 30.000€ anuais”. Considera esta decisión “unha tomadura de pelo” a toda a veciñanza e critica o montante dos salarios.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad