Galicia recibe un total de 155 distintivos entre areais, portos deportivos, sendeiros azuis e centros azuis
O areal do Lago das Pontes recibe por primeira vez a distinción, que recuperan seis praias de Baiona e unha de Barreiros
Sanxenxo, con 17 bandeiras azuis para os seus areais, convértese un ano máis no concello de España que maior número acumula, ademais de sumar distincións para tres portos deportivos, unha rede de sendeiros e un centro
No caso da provincia da Coruña, Arteixo é o municipio con máis praias premiadas, con 7, mentres na de Lugo é Foz, con 5
A Xunta subliña o esforzo realizado o ano pasado polos municipios para acadar os estándares de seguridade esixidos neste tipo de espazos por mor da covid, reforzando así a imaxe de Galicia como destino turístico seguro