Redacción 06/04/2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou esta mañá este futuro ámbito residencial

 

 

 

– O DOG publica hoxe a resolución pola que se someten a información pública polo prazo dun mes

– Ángeles Vázquez salienta que se prevén construír 1.600 vivendas de protección pública nun total de 265.000 metros cadrados

– Lembra que o Instituto Galego de Vivenda e Solo traballa de xeito paralelo no proxecto de urbanización da totalidade do ámbito, que se prevé presentar este mes

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou esta mañá que a Xunta de Galicia inicia hoxe o proceso de expropiacións para a ampliación de San Paio de Navia, en Vigo, ao que se destinarán 14,5 millóns de euros.

“É un día importante e transcendental para esta cidade”, subliñou a conselleira nunha visita a este ámbito residencial, engadindo que se trata dun “paso decisivo” para incrementar o número de vivendas públicas no concello.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se inicia o proceso de información pública dos proxectos de expropiación, que durará un mes. En total, adquiriranse preto de 120.000 m 2 , para dispoñer así da totalidade dos terreos —265.000 m 2 — nos que se prevé construír 1.600 vivendas de protección pública.

Segundo explicou Ángeles Vázquez, a expropiación dos terreos implica adquirir 202 parcelas nos tres polígonos nos que se divide a ampliación do plan parcial —aprobado o pasado verán— e que, tras a súa urbanización, estarán en condicións para construír novas vivendas para as familias, os mozos e os colectivos que precisan de máis  oportunidades.

Así mesmo, lembrou que a Xunta traballa de xeito paralelo no proxecto de urbanización da totalidade do ámbito que, coa previsión de presentalo este mes, deberá contar co visto e prace do Concello para poder iniciar a comercialización do solo e, en consecuencia, a construción das vivendas. “Agardamos que o Concello lle dea  prioridade a aprobación desta urbanización e, polo tanto, que sexa unha realidade máis pronto que tarde”, abundou.

A ampliación de San Paio de Navia, na que se prevé un investimento total duns 250 millóns de euros, tradúcese en urbanizar un total de 265.000 m 2 , dos cales máis de 24.000 serán destinados a equipamentos públicos e outros tantos a zonas verdes. Ademais das 1.600 vivendas previstas, tamén se definirán unhas 1.200 prazas de  aparcadoiro e un carril bici de máis de 2 quilómetros.

Por último, Ángeles Vázquez subliñou que esta folla de ruta clara e definida é unha mostra da aposta decidida do Goberno galego para incrementar a oferta de vivenda protexida en Vigo, a cidade galega con maior demanda residencial.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad