O informe anual da Fundación Contemporánea, unha das máis prestixiosas de España, seleccionou ó Festival de Cans como a cuarta “insignia cultural” de Galicia en 2020. Só tres grandes institucións obtiveron mellor valoración, como son a Cidade da Cultura, a feira Culturgal e o CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea. A organización abre o proceso de búsqueda de patrocinios para todas as empresas e entidades que queiran colaborar co festival neste difícil 2021.