Verdegaia denunciou o Concello do Porriño ante a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia por volver colaborar na contaminación con plásticos da contorna do río Louro e renuncia a seguir traballando co goberno de Alejandro Lorenzo
O BNG do Porriño sitúa esta denuncia en liña coas diferentes iniciativas que esta forza ten levado ó pleno local para tentar corrixir a ausente política ambiental do actual goberno porriñés