A celebración terá lugar no Centro Cultural de Pontellas dende as 11.00 h e o prezo do plato protagonista será de 8 €
A Asociación Cultural de Pontellas organiza, o vindeiro domingo 17 de novembro, unha nova cita coa tradicional festa da zorza que suma xa a súa 19º edición.
Dende a organización serviránse, ben en prato de barro ou en empanada, 2.800 racions de zorza elaborada artesanalmente, entre as 11.00 h até as 15.00 h ou antes, no caso de rematar as existencias.
O prezo da ración será de 8 €, incluíndo a zorza, pan, viño ou agua.
Ademáis de contar cunha ampla carpa, amenizarán esta festa a Rondalla de Pontellas, o grupo de cantareiras Vaicheboa e o grupo de gaitas Nordesía.