ACTUALIDAD GALICIA

Sabela Landín 13/07/2021

A Oficina Comarcal LGTBIQ+ do Condado Paradanta, abrira as súas portas este martes día 13 de xullo, despois da súa presentación oficial diante dos e das Alcaldes e Alcaldesas, concelleiros e concelleiras da comarca do Tea. Dita presentación, foi un dos acto que dende asociación Trans Miño LGTBIQ+ desenrolou para a celebración Día Internacional do […]

José Docampo 12/07/2021

O director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Francisco Barea, reuniuse a semana pasada con representates de concellos da provincia de Pontevedra co obxectivo de buscar a súa implicación e colaboración na aplicación práctica das Directrices da Paisaxe de Galicia. Os ecoloxistas denuncian que o Decreto apoia, promove e favorece as plantacións forestais comerciais en todo o territorio galego, e incluso nas Áreas de Especial Interés Paisaxístico, no canto de defender a implantación e preservación do bosque autóctono.

Sabela Landín 07/07/2021

 A asemblea da Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certame o Premio Pedigree, ao director lucense Jorge Coira (Rábade, 1971). A organización do certamen considera a Jorge Coira como unha figura fundamental no desenvolvimento do audiovisual galego nos últimos vintecinco anos. Coira recibirá o Can de […]

Sabela Landín 07/07/2021

Este portal confórmase como unha ferramenta que proporciona información clara, accesible e contrastada cientificamente sobre Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras patoloxías vasculares periféricas. Froito de moito esforzo e dedicación, a Asociación Galega de Linfedema (AGL) acaba de lanzar a súa páxina web, que poderá axudar a moitas persoas na procura de respostas sobre […]

Sabela Landín 06/07/2021

Os London Honey Awards recoñeceron a seis meles pertencentes á Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia coas distincións de Platino, Ouro e Prata. Estes galardóns internacionais poñen en relevo que o Mel de Galicia con IXP é un produto que compite en calidade diferenciada no mercado do mel a nivel mundial, sendo unha etiqueta garante […]

José Docampo 06/07/2021

Milleiros de persoas saen ás rúas do Porriño e outras 73 localidades galegas para demandar xustiza para Samuel, o mozo de 24 anos asasinado esta fin de semana na Coruña como resultado dunha agresión homófoba. Reclamouse ademais unha revisión das políticas e leis destinadas a protexer ao colectivo LGBTIQ+ contra as violencias específicas que sofre, cambios no tratamento mediático e respecto para a familia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad