José Docampo 06/07/2021

Milleiros de persoas saen ás rúas do Porriño e outras 73 localidades galegas para demandar xustiza para Samuel, o mozo de 24 anos asasinado esta fin de semana na Coruña como resultado dunha agresión homófoba. Reclamouse ademais unha revisión das políticas e leis destinadas a protexer ao colectivo LGBTIQ+ contra as violencias específicas que sofre, cambios no tratamento mediático e respecto para a familia.

O colectivo LGBTIQ+ galego organizado convocou onte a toda a sociedade a manifestarse contra a homofobia e para pedir xustiza para Samuel, o mozo coruñés asasinado esta fin de semana. A asistencia nas 74 localidades galegas onde foran convocadas as concentracións foi masiva.

Durante a lectura do manifesto, chamouse a atención sobre outros casos recentes de agresións de carácter homófobo acontecidas este mesmo mes na Coruña e Compostela. Son os casos dunha muller trans que foi golpeada e agredida sexualmente até que foi asistida por unhas veciñas no barrio compostelano de San Pedro, menos de 24 horas depois do asasinato de Samuel; e de dous homes da Coruña, aos que un home agrediu cunha porra extensíbel.

Os convocantes denunciaron “a nube de eufemismos e palabras tabú” empregadas no tratamento mediático destes casos, e que contribúen á invisibilización dos mesmos. Amparándose no secretismo da investigación, moitos medios de comunicación continúan a manipular as informacións, e a cuestionar ou a obviar o carácter homófobo da agresión contra Samuel.

Tamén reclamaron a implicación de toda a sociedade na loita contra a homofobia, un compromiso firme das administracións e cambios legais. “A Lei 2/2014, recortada polo Partido Popular e despoxada do carácter punitivo, de recursos, e de seguridade xurídica que garanta o seu cumprimento, é papel mollado que nos deixa completamente desprotexidas”, denunciaron.

Os convocantes apuntan aos discursos de odio “auspiciados por partidos políticos que teñen representación institucional” e que crean un “contexto social” que permite e fomenta estes crimes. Reivindicaron que o colectivo “sempre loitou por acadar unha sociedade máis xusta, máis diversa e igualitaria, libre de todo odio ou violencia”, e que “os discursos de odio e a violencia non poden ter cabida na nosa sociedade”, polo que defenden a ilegalización das forzas políticas que os promovan.

Por último, fixeron un chamamento “ao respecto e apoio polo loito da familia e amizades de Samuel”. “Non esqueceremos o acontecido, seguiremos nas rúas e faremos todo o preciso para que non volvan ocorrer semellantes acontecementos”.

Imaxe da manifestación no Porriño

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad