Sabela Landín 07/07/2021
Festival de Cans

 A asemblea da Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certame o Premio Pedigree, ao director lucense Jorge Coira (Rábade, 1971). A organización do certamen considera a Jorge Coira como unha figura fundamental no desenvolvimento do audiovisual galego nos últimos vintecinco anos. Coira recibirá o Can de Pedra e colocará a súa estrela no Torreiro das estrelas no marco do XVIII Festival de Cans, que terá lugar entre o 1 e o 4 de Setembro.

Desde mediados dos anos 90, Coira desenvolveu unha intensa carreira, primeiro como curtametraxista, e posteriormente como guionista, montador,e director de series de televisión e longametraxes, na maior parte dos casos desenvolvendo uns códigos cinematográficos en clave galega.

Desde que comezara hai 25 anos dirixindo unha curta emblemática como “O Matachín”, protagonizada por Luís Tosar, Coira continuou asinando longametraxes como as premiadas “18 Comidas” e mais recentemente “Eroski Paraíso”, que co- dirixiu xunto a Xesús Ron, ademais de dirixir a exitosa serie “Hierro”, que recibiu numerosos premios, entre eles o Premio Ondas á mellor serie de televisión. En paralelo, Jorge Coira desenvolveu unha reputada carreira como montador, que o levou a conseguir en 2016 o Premio Goya ó mellor montaxe, polo filme “El Desconocido”, dirixido por Dani de la Torre.

O Festival de Cans quere recoñecer tamén con este premio a Jorge Coira, a súa traxectoria e implicación nas asociacións profesionais galegas, a través de entidades como a Academia Galega do Audiovisual ou CREA, a Asociación de Realizadoras e realizadores galegos, da que foi presidente e desde a que impulsou no seu día un acordo de colaboración co Festival de Cans.

SOBRE JORGE COIRA

JORGE COIRA (Rábade, 1971). O Festival de Cans concede este ano o seu Premio Pedigree de Honor ó director, montador e guionista Jorge Coira, unha figura imprescindible na evolución do audiovisual galego nas últimas tres décadas.

Coira comezou a finais dos 80 realizando as súas curtametraxes con Luis Tosar como protagonista, e desde entón completou unha dilatada traxectoria na que dirixiu catro longametraxes, numerosas series de televisión -entre as que está a exitosa “Hierro”- videocreacións, videoclips e ata teatro. Ademáis foi montador de varios fillmes, entre eles “El Desconocido” de Dani de la Torre, polo que recibiu o Premio Goya á mellor montaxe.

En 2004 comezou a súa traxectoria como cineasta co filme “El año de la garrapata”, que foi seleccionado no Festival de Málaga. En 2009 dirixiu o documental “¿Que culpa tiene el tomate?”, que chegou a estrearse no MOMA de Nova York. “18 comidas” (2010), foi o seu filme mais persoal e que máis éxitos colleitou, estando presente en mais de trinta festivais internacionais e recomendo mais de dez premios. Por último “Eroski Paraíso” (2019), é a súa última e singular incursión no mundo da longametraxe, donde este verán rodará o seu novo filme, “Proyecto Emperador”, producido por Vaca Films e que suporá volver a atoparse co seu amigo das primeiras curtas, Luís Tosar.

O Premio de Honor a Jorge Coira representa tamén un premio moi simbólico no ano no que se cumplen 30 anos da fundación da Escola de Imaxe e Son de A Coruña, onde se formou tanto Jorge Coira, como numerosos profesionais galegos.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad