Redacción 29/05/2023

O BNG gaña un concelleiro, o PSdeG-PSOE perde dous e Esquerda Unida queda sen representación na corporación municipal

@s porriñeses decidiron este domingo quen será o seu alcalde para os vindeiros catro anos, decantándose polo candidato do Partido Popular, M. Alejandro Lorenzo, que gañou por mayoría absoluta engadindo 8 novos concelleiros á corporación local.

A segunda forza máis votada foi o BNG, que pasa de dous a tres edís; seguida do PSdeG-PSOE que mantén dous concelleiros dos catro que tiña.

Esquerda Unida pasa a quedar sin representación municipal e as tres novas agrupacións –Somos Porriño, Alternativa Local por Porriño e Máis Porriño-non acadaron os votos precisos para unirse a corporación do Concello do Porriño.

Así, a nova corporación municipal do Concello do Porriño estará formada, según as ordes da candidatura dos respectivos partidos por:

PP: Alejandro Lorenzo, Carlos Martínez, Carolina González Costas, Antía  Carrera, Abel Estévez Carrera, Ramón Porto Oya, Rosa Isabel Alonso Romero, Bienvenido Estévez, J. Carlos González, Sari Costas, Marcos Martínez Campos, Vanessa Ucha, Antonio Barros Serodio, Teresa Veloso, Bárbara Mª Troncoso Rodríguez e Ricardo Losada Varela.

BNG: Pedro Pereira, Míriam Martínez Troncoso e Marcelo Rodríguez Acosta.

PSdeG-PSOE: David Alonso Bargiela e Sthela Mª Táboas González.

Tanto no caso do Porriño coma dos concellos limítrofes ou a nivel nacional, o PSdeG-PSOE perde forza, polo que asemella que as políticas do Goberno Central, non achegan a calar dabondo no cidadán. Todo esto xunto a dimisión da alcaldesa socialista do Porriño para evitar unha moción de censura, máis a división interna provocada por unha tránsfuga, a pesar de contar cun renovado equipo pagou as consecuencias.

No que respecta ao BNG do Porriño, o ‘efecto Ana Pontón’, amosou uns resultados nas votacións que fixeron subir ao Bloque tamén en municipios vecinos.

A EU Son pasoulle factura a moción de censura iniciada para sacar a Eva García da Alcaldía, perdendo a representación municipal.

Dos tres partidos que se presentaban por primeira vez aos comicios no Porriño, marcados por unha campaña que amosou bastantes fallas de respeto hacia os demáis grupos políticos na colocación dos seus carteis electorais, quedan tamén fora do goberno local.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad