Redacción 30/03/2023

Os traballos cartográficos financiados polo Plan Concellos da Deputación facilitarán as tarefas diarias do departamento de Urbanismo que á súa vez axilizará trámites

O pasado venres, o Centro Cívico de A Devesa acolleu a presentación da Cartografía Six, Ortofoto Dixital e Rede Topográfica do concello de Salceda de Caselas.

Á presentación destes traballos, financiadas a través do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra, asistiu a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado provincial, Santos Héctor Rodríguez; que quixeron acompañar tanto á alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, coma  aos concelleir@s do equipo de goberno.

A través dunha proxección explicada polo técnico do departamento de urbanismo, Rubén Martín Vázquez, as persoas asistentes puideron comprobar a enorme importancia e utilidade da elaboracióndestes traballos para desenvolver as tarefas diarias, o que permitirá ao departamento municipal ser máis áxil.

Este traballo adaptado á normativa actual é a base do novo PXOM, permitirá levar a cabo o desenvolvemento do planeamento urbanístico do municipio, quedando así feitos os traballos previos necesarios para a elaboración do Plan Xeral.

Coa realización dun voo fotogramétrico en cor da totalidade da superficie do termo municipal, obtivéronse os datos necesarios para a elaboración da Rede básica cartográfica, co seu correspondente enlace á Rede Xeodésica activa existente (Galnet).

Co apoio fotogramétrico e a aerotriangulación xerouse a base topográfica harmonizada da cartografía, restituíndoa a diferentes escalas do termo municipal.

Con este traballos obtívose igualmente unha ortofotografía, así como unha restitución dixitalizada de todo o termo municipal en 3D a escala 1:500 do núcleo urbano e o polígono industrial, a 1:1000 das zonas urbanizadas e a 1:2000 das zonas rústicas de monte e cultivo.

Esta aplicación das técnicas máis avanzadas permite substituír os anteriores planos cartográficos municipais que estaban totalmente desactualizados.

A alcaldesa e concelleira de Urbanismo, Verónica Tourón, explicou que “coa elaboración da Cartografía e a Rede Topográfica municipais sentamos unhas bases sólidas para a elaboración do Plan Xeral. Permítenos tamén traballar sobre as correctas dimensións e características das diferentes áreas e zonas que conforman o noso termo municipal, para así garantir o desenvolvemento urbano sostible e ordenado para toda a veciñanza”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad