Redacción 30/03/2023

Ao quedar 83 nen@s sen praza, David Alonso indica que se é alcalde porá en marcha unha gardería municipal en Atios “queira ou non queira o PP”

O candidato socialista do Porriño David Alonso, plantexou hoxe a posibilidade de que O Porriño conte cunha nova escola infantil ubicada na parroquia de Atios, en concreto a súa ubicación sería na antiga Escola Unitaria da parroquia porriñesa de Atios, edificio restaurado con fondos da Deputación de Pontevedra.

Dacordo aos datos dos que dispón o seu grupo, este ano 83 nen@s quedaron sen praza ao cubrirse as 122 plazas ofertadas pola Administración Autonómica.

Alonso toma esta decisión tras a negativa da Xunta de Galicia e do PP no Parlamento Galego fai uns meses, cando en resposta á pregunta da deputada Leticia Román, indicaron que O Porriño non contaría cunha nova escola infantil. Pola contra a visita o pasado 24 de Marzo da Consellería de Política Social a Mos, para presentar as novas inversións da Xunta neste municipio que contemplan un novo Centro de Maiores, un novo Centro de Saúde, un Centro público de cuidados intermedios, unha nova residencia para persoas maiores e unha nova escola infantil, que sería a terceira no municipio de Mos. “Mentres, a Xunta de Galicia denégalle a O Porriño unha nova Escola infantil cando precisamos máis prazas. A Xunta de Galicia marxina ao Porriño dende fai 14 anos”.

A este respecto, o secretario xeral e candidato do PSdeG-PSOE do Porriño, David Alonso Bargiela, afirmou “se son alcalde a partir de Maio, poremos en marcha unha gardería municipal con fondos propios queira ou non queira o PP. O Porriño non pode agardar polo PP. Temos forza e economía para poder facelo porque as 122 prazas públicas de Educación Infantil, son claramente insuficientes cando quedan case o dobre de nen@s fora. A mellor medida de conciliación familiar é que teñamos as prazas públicas suficientes para poder desenvolver a súa actividade con garantías”.

“Os socialistas xa puxemos en marcha unha gardería no Polígono da Granxa e, agora, poremos en marcha outra en Atios. Queira ou non queira o PP”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad