Sthela Táboas 08/02/2023

A reforma eléctrica, xa acometida, inclúe instalación de luminarias led e tamén se reformarán a cuberta e a pista de xogo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o concelleiro de Deportes, José Areal; e o edil mosense de Servizos, Baldomero Lorenzo; visitaron onte o Pavillón de Sanguiñeda, onde o Concello de Mos está a acometer obras de mellora integral.

Os traballos consisten, no tocante á instalación eléctrica, na substitución das luminarias por focos led, que optimizan a iluminación e a eficiencia enerxética por implicar unha reducción do consumo eléctrico e na instalación dun novo cadro eléctrico. Esta parte tocante a iluminación e electricidade require dun investimento de 8.300 €.

A mellora integral da instalación deportiva inclúe tamén a reparación da cuberta cun orzamento aproximado de 41.700 €. Por último optimizarase a pista de xogo con mellora do firme e pintado, valorado nuns 20.000 €.

O orzamento total desta mellora chega aos 70.000 €, destacando os representantes municipais que “a mellora das infraestruturas deportivas municipais co obxectivo do fomento do deporte no ámbito municipal, forma parte das prioridades da xestión do equipo de goberno local”.

“Esta mellora integral ten o obxectivo de potenciar o deporte base, sendo conscientes da importancia das obras que beneficien ao conxunto dos cidadáns para a práctica deportiva. Trátase dunha importante actuación de interese público, ao tratarnos o Concello de Mos dun municipio que aposta forte polo deporte en xeral e polo deporte base en particular. Ademais este pavillón dá servizo ao CEIP Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda”, explicaron os representantes municipais.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad