O PSdeG-PSOE do Porriño informa da perda de máis de 300.000 € que a Xunta dispón para o Plan de Emprego, a unidade de atención aos autónomos e os cursos AFD
O grupo municipal socialista tildou de “moi mala nova para O Porriño a desaparición de tres instrumentos de apoio ao emprego local”. Concretamente trátase “da denegación da solicitude dun Plan de Emprego para O Porriño por parte da Xunta, así como a perda dos cursos AFD, que viñan sendo xa tradición no Porriño e a desaparición da Axencia Desenvolvemento local (AEDL), que apoiaba a autónomos e emprendedores do Porriño”.
Os socialistas do Porriño afirman que “a perda dos AFD e a AEDL, debeuse a non tramitar dende goberno local as subvencións correspondentes para poder financiar estes servizos. O Plan de Emprego é un programa financiado pola Xunta de Galicia que axuda a inserción laboral d@s desempregad@s en cada Concello, como os cursos AFD de formación gratuita para desempregados, subvencionada pola Xunta de Galicia, que teñen como finalidade a cualificación profesional d@s traballadores desempregad@s”. Deste xeito “os porriñeses non poderán dispoñer de ninguna desas tres ferramentas claves para o fomento de emprego e a inserción laboral”.
Dende o PSdeG do Porriño tildaron de “moi mala noticia para os porriñeses, novamente a da mala xestión, por non ter solicitado os cursos AFD e a AEDL, aos que se lle suma a falla de compromiso da Xunta de Galicia co noso municipio, denegando o plan de emprego”.
A perda da AEDL e dos cursos AFD, coinciden co intento do alcalde do Porriño de tentar ocultar este “desastre” co anuncio dun ‘Polo de emprendemento e emprego’ no Porriño, unha iniciativa da Xunta de Galicia que ademáis está financiado polos fondos NEXT GENERATION conseguidos polo goberno central. “Unha vez máis, o alcalde do Porriño desinforma claramente aos cidadáns”. En vez de tentar enganar aos cidadáns, que explique por qué nin siquiera se pediron os cursos AFD ou a subvención para a AEDL.”
Segundo o candidato socialista á alcaldía do Porriño, David Alonso Bargiela, que exerceu como concelleiro de Emprego e desenvolvemento local, “nun ano o PP desmontou o gran traballo que viña desenvolvendo o departamento de Emprego do Porriño e as ferramentas das que dispoñía. É preciso apoiar ás persoas desempregadas nunha triple esfera: a formativa, a de inserción laboral e a do emprendemento e autónomos. Na actualidade, o Concello non dispón de ninguna desas tres esferas, xusto cando ao contrario dos últimos anos, o desemprego comeza a repuntar no Porriño”.