Será este mércores ás 20:00 h no Teatro Municipal de Tui e a entrada serán alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño Baixo Miño
O Teatro Municipal de Tui acolle este mércores, 21 de decembro, ás 20.00 h o primeiro dos tres concertos previstos dentro da programación Tui, o Camiño do Nadal.
O alumnado do Conservatorio Elemental, Profesional e da Escola de Música de Tui será o encargado deste primeiro evento musical no que música e solidariedade irán da man, xa que a entrada ao concerto serán alimentos non perecedoiros, preferiblemente leite, aceite e cacao, que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño.
Solistas, grupos de música de cámara, o grupo de alumn@s de 5 e 6 anos de música e movemento, o Coro do Grao Profesional, a BigBand do Grao Profesional e Orquestra de corda do Grao Profesional e Elemental, pasarán polo escenario do Teatro Municipal de Tui ofrecendo un variado repertorio no que non faltarán os temas propios destas datas.
A recollida de entradas e entrega de alimentos realizarase o propio mércores dende ás 18.00 h e até o inicio concerto.