Sthela Táboas 19/12/2022

Será os días 28, 29 e 30 de decembro en horario de 11.00 a 12:30 h na Praza de Abastos, en tres quendas de doce nen@s cada unha

O Concello do Porriño organiza un Obradoiro infantil de elaboración e decoración de galletas de Nadal dirixido ás nen@s de 5 a 12 anos.  

A tenda de doces SuperSugar, sita na primeira planta da Praza de Abastos, será a encargada de impartir este obradoiro repartido en tres quendas os días 28, 29 e 30 de decembro, en horario 11.00 a 12:30 h na zona infantil da Praza de Abastos.

A actividade está limitada a doce nen@s por quenda, prazas por orde de inscrición que pode formalizarse a través dun correo electrónico a rexistro@oporrino.org cos datos d@ nen@ e dos titores. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad