Sthela Táboas 22/11/2022

Trátase dun dos musicais españois máis importantes das últimas décadas, representado en distintos países e con máis de 5 millóns de espectadores, que estará en Vigo do 2 ao 4 de decembro

O Auditorio Mar de Vigo volverá situarse no mes de decembro coma o recinto de referencia dos musicais en Galicia coa programación do espectacular “Peter, el musical”. Esta nova montaxe chega ao Mar de Vigo tras o enorme éxito de público e de crítica colleitado a pasada fin de semana con “El Médico, El musical”, baseado no best seller de Noah Gordon. “Peter, el musical”, considerado o mellor musical familiar dos últimos anos no noso país, estará en Vigo entre o venres 2 e o domingo 4 de decembro en cinco funcións. 

Na súa presentación estiveron o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o produtor da obra, Tomás Padilla e os actores principais Silvia Villaú, que interpreta a Peter Pan e Carlos Benito, como o mítico El Capitán Garfio. “Queremos converter o Mar de Vigo nunha referencia dos musicais, un recinto de referencia no noroeste para os macromusicais que só están nas principais cidades de España”, dixo na presentación Abel Caballero, quen considerou que “Peter , El Musical” é unha obra máxica, ideal para ser o primeiro gran acontecemento familiar tras o acendido das luces na cidade”.

Esta superproducción para toda a familia ubica a súa narración en El País del Nunca Jamás, unha Illa especial donde viven os nenos perdidos, indios, piratas e sereas máxicas. Esta fermosa historia sobre un neno que non quere medrar e a conservación da inocencia infantil, ponse en escena cunha espectacular coreografía, que contén desde acrobacias a vistosos bailes ao ritmo de estilos como rock, blues ou soul.

Entre os principais personaxes da historia están Peter Pan e El Capitán Garfio, interpretados por Silvia Villaú e Carlos Benito respectivamente, que manifestaron o agradecemento á cidade por acoller o seu espectáculo, que vai sorprender aos espectadores, pola súa viscosidade e espectacularidade… e que vai tocar o corazón do espectador, así como o retorno emocionante que teñen sobre o escenario.

Pola súa parte, o produtor Tomás Padilla, avanzou que o espectáculo, co que leva de xira 22 anos, desprazará a Vigo mais de medio centenar de persoas, que estarán na cidade tres días. Un musical que tamén xera recursos con 50 persoas, 22 actores e actrices, etcétera… 

“Peter, el musical”, producido en España por Theatre Properties, Atresmedia e Grupo Eventix, é unha montaxe que conta coa última tecnoloxía teatral -incluso para facer voar aos actores- para recrear a maxia desta historia lendaria. Este conto creado no seu día por James Barrie, fou representado ao longo de 22 anos por todo o mundo, sumando máis de catro mil funcións e acadando os cinco millóns de espectadores. 

Os musicais de calidade de gran formato está sendo nos últimos meses unha das liñas fortes da programación do Mar de Vigo. Ademais de “El Médico, El Musical”, que vén de celebrarse a pasada fin de semana e de “Peter, El musical”. Por Vigo tamén pasarán nas vindeiras semanas outros musicais infantís. O domingo, 27 de novembro chegará “SuperThings”, a versión musical do popular xogo que arrasa entre os rapaces, e o fermosísimo “La Bella y la Bestia”, de La Barbarie Teatro Musical, que estará en dobre función de mañá e tarde o domingo 11 de decembro. Finalmente, en plenas vacacións escolares, o 27 de decembro, terá lugar o tributo a Frozen, “El Origen del Hielo”. 

As entradas para todos os espectáculos están dispoñibles na billeteira online www.teuticket.com. Haberá descontos de ata un 50% para as persoas que dispoñan do Bono Cultura, que deberán retirar na billeteira do Mar de Vigo de luns a venres de 12.00 a 14.00 h ou de 18.00 a 20.00 h, ou ben os días de espectáculo desde unha hora antes do mesmo.
 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad