Sthela Táboas 22/11/2022

Os socialistas lamentan a nula inversión para O Porriño recollida nos orzamentos autonómicos, que confirman que dende o ano 2009 a Xunta so investíu con fondos propios 25.000 € na vila

O pasado mes de setembro, o Concello do Porriño recibía a visita dos representantes da Xunta anunciando a inversión de 15,7 M€ na vila ao longo do vindeiro ano.

A sorpresa chega cando no capítulo de inversións dos orzamentos da Xunta para o 2023, O porriño non ven contemplado en ningunha das partidas nominativas; polo que os socialistas porriñeses califican de “tomadura de pelo a foto feita na súa visita anunciando tal inversión”.

O portavoz do PSdeG-PSOE do Porriño, David Alonso, pregúntalle ao alcalde: “¿Vai realizar emendas a estes orzamentos contra o seu propio partido? ¿Cántas reunións mantivo coa Xunta para esixir necesidades reais para os porriñeses, en lugar de adicarse a sacar fotos?”.

Ante a ineptitude amosada polo rexidor porriñés, os socialistas plantexan emendas a estes orzamentos “que non deixan atrás a ningunha das parroquias da vila e cunha inversión duns 8 M€ en total” e que, divididas por áreas son:

SANEAMENTO: En Abelenda e Pousadela, na parroquia de Pontellas; Regueira e Devesa, en Mosende; Eidos, Pombal, Cabreiras, Becerreira e Escusa, en Chenlo; O Carbón, Rial e Galegos, en Atios; Barrio do Casal, en Budiño; Barrio da Graña, Buraco e Castillo, en Cans.

BENESTAR SOCIAL E EDUCACIÓN: Creación dunha Galiña Azul en Atios; creación dunha Residencia de 3ª edad; sustitución da cuberta do Multiusos-UNED; cuberta exterior do IES Pino Manso; colocación de parquet no pabellón IES Ribeira de Torneiros; e a cuberta do parque infantil de Pío XII.

CULTURA E DEPORTES: Céspede artificial no campo de fútbol de Mosende, no Lourambal e sustitución no do Folón; renovación de vestiarios en O Carballo; cuberta da pista de padel; reforma da zona recreativa no parque do Alba, en Torneiros; e construción do Auditorio Municipal.

INFRAESTRUTURAS: Beirarúa da PO-510 na Vaquería, Budiño; mellora de accesibilidade no Centro de Saúde; e reforma do paseo de madeira de acceso ao monte do Castelo de Cans.

Dende o PSdeG-PSOE do Porriño indican que estas “sí son necesidades reais dos veciños do Porriño, cos que a Xunta de Galicia ten unha débeda histórica duns 160 M€ dende o ano 2009, sendo a cuantía total de inversión con fondos propios dende entón, de 25.000 €. Se o alcalde non é quen de ir a Santiago, o portavoz socialista sí que vai ir a defender os intereses dos porriñeses”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad