Sthela Táboas 22/11/2022

Dende o 1 de decembro a recollida na porta dos establecementos comerciais será ás 14.00 h, os martes e xoves

A Concellería de Limpeza do Concello do Porriño, dirixida por José Carlos González, informa dun cambio de horario no servizo de recollida de papel e cartón comercial.

Deste xeito, dende o xoves 1 de decembro, os establecementos adheridos a este servizo de balde deberán cambiar o horario no que deixaban os residuos na porta do local, xa que se recollerá ás 14.00 h dos martes e xoves.

Os comercios que aínda non estean inscritos e desexen utilizar este servizo poden anotarse no 665 571 555 ou enviando un email a tecnicoporrino@serviciosdosconcellosgalegos.es para poder engadilos á ruta de recollida.

Dende a concellería de Limpeza lembran que depositar entullos na vía pública está prohibido e é obxecto de sanción.

O Concello do Porriño dispón dun servizo de recollida de voluminosos que require de cita previa.  Todos aqueles que queiran desfacerse de voluminosos deberán chamar ao 655 571 555 e o servizo de limpeza municipal indicaralles onde e cando deben depositar estes enseres. Tamén poden acudir directamente ao Punto Limpo, sito no Polígono A Granxa (Rúa Cíes 187) de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 h (os luns tamén de 16.00 a 20.00 h).  

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad