Sthela Táboas 22/11/2022

Os socialistas mosenses acusan a alcaldesa, Nidia Arévalo, de enganar a veciñanza cando fala da transparencia dos orzamentos

Durante a pasada semana, o  Concello de Mos afirmou ter perfilados os seus orzamentos de cara o ano 2023. Previsións que deben trasladar aos partidos da oposición, para levalos a unha comisión e posteriormente ao Pleno; feito que denuncia o PSdeG-PSOE de Mos indicando que  “non se produciu”.

“Nos pasados días, a prensa facíase eco dunha noticia do Concello no que anunciaban ter os orzamentos e facernos entrega dos mesmos aos grupos da oposición” explica a concelleira socialista Victoria Alonso, afirmando que tal cousa “non se chegou a producir, xa que non recibimos tal información; outra mostra da facilidade que ten a actual alcaldesa para enganar e ocultar a verdade aos veciños”.

Victoria Alonso, incide no feito de que “temos que recibir a documentación no tempo que estipula a lei, a alcaldesa non pode decir o que non é” subliñando que “a falla de transparencia e información é habitual na xestión do PP, levamos anos denunciando”. Remata a concelleira da oposición engadindo “non imos permitir que se diga na prensa que xa recibimos a documentación cando, días despois das afirmacións, seguimos sin tela”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad