Sabela Landín 27/10/2022

Celebraranse o sábado 26 e domingo 27 de novembro.

As persoas que desexen optar á presidencia do partido nestes concellos teñen dez días para presentar a súa candidatura, que terá que ir acompañada, como mínimo, polo 5% dos afiliados.

Os congresos locais do Partido Popular de Portas e de Salceda de Caselas celebraranse, respectivamente, o sábado 26 e domingo 27 de novembro. O PP provincial dá así luz verde á celebración dos cónclaves nestes dous concellos, para os que tamén se aprobaron os regulamentos que rexerán todo o relativo á organización e funcionamento dos congresos, así como a composición das comisións organizadoras.

No caso de Portas, a COC estará formada por Víctor Estévez Casal, como presidente, Alfonso Vázquez Reboredo e Ana María Peña Maquieira. Mentres que en Salceda de Caselas, Joaquín Núñez Troncoso será o presidente da comisión, da que tamén forman parte Vanessa Rocha Núñez e Ana Cristina Pérez Cabaleiro. Estas comisións serán as encargadas de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos de cadanseu congreso ata a súa celebración, momento no que asumirá estas competencias a mesa do congreso.

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Os afiliados que desexen optar á presidencia local do partido en cada un destes concellos, teñen dez días de prazo para presentar a súa candidatura, que terá que ir acompañada, como mínimo, polo 5% dos afiliados locais. A partir de aí, ábrese a campaña electoral interna para que cada candidato explique aos afiliados o seu proxecto para o partido.

O PP provincial avanza así no reforzo das estruturas locais do partido para afrontar as municipais de maio mellor preparados que nunca. “Hai que ensanchar a base e renovar equipos, con xente que xa estaba e persoas que se están incorporando ao partido; é fundamental mobilizar aos afiliados e simpatizantes e, sobre todo, saír á rúa para escoitar o que precisan e esperan de nós. O PP é un partido de Goberno e presentaremos un proxecto gañador en todos os concellos”, defende o presidente Luis López.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad