Sabela Landín 27/10/2022

Foi o décimo cuarto proxecto mellor puntuado na convocatoria realizada polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana

O edificio municipal situado na rúa Camilo José Cela, a carón do xulgado e a poucos metros do céntrico paseo da Corredoira, vai ser completamente rehabilitado mellorando substancialmente a súa eficiencia enerxética e a súa estética para destinalo a usos múltiples.

O proxecto presentado polo Concello de Tui á convocatoria para a Rehabilitación de Edificios de Titularidade Pública no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, obtivo un total de 62.83 puntos, a 14ª mellor puntuación segundo figura na listaxe provisional de entidades beneficiarias. En concreto o Concello de Tui vai recibir 793.725 € para rehabilitar toda a envolvente do edificio, así como o interior que contará con todos os protocolos de eficiencia enerxética, co obxectivo de convertelo nun espazo multiusos, para o que non se realizará a división con tabiquería pendente do uso final ao que será destinado.      

O alcalde, Enrique Cabaleiro, salientou precisamente que con esta achega de preto de 800 mil euros  financiarase case a totalidade do investimento previsto. Indicou amais que o feito de ter obtido a décimo cuarta mellor puntuación entre máis de 500 proxectos “reflicte o bo traballo do equipo de redactor, e fala da enorme responsabilidade e o rigor co que se tramitan aquí os asuntos”. Enrique Cabaleiro sinalou que o feito ter aprobado o plan de acción da Axenda Urbana outorgoulle ao documento máis de 40 puntos polo que dicía que “a aprobación da Axenda Urbana amais da súa finalidade coma instrumento de planificación tamén serve para poder acadar e conseguir recursos que son importantes”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad