Durante os meses de outubro e novembro vinte nen@s ao día poderán participar deste novo servizo
O Concello do Porriño, a través da concellería de Igualdade que dirixe Carolina González, pon en marcha por primeira vez unha ludoteca municipal gratuita no Centro Cultural Municipal.
Este servizo de ludoteca dará comezo o 1 de outubro e remata o 30 de novembro, cun horario que abranguerá dende as 16.00 h ata as 20.00 h.
As actividades, dirixidas a 20 nen@s cada día de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, ofrécelles “un espacio común que lles permitirá relacionarse entre eles e compartir momentos de ocio, á vez que se traballan valores tales como o respecto e a solidariedade”, indicou a concelleira.
Non é necesaria inscrición previa, e os pequen@s serán admitidos ata completar as prazas diarias. Esta iniciativa forma parte do “Plan corresponsables 2022”, da Secretaría Xeral de Igualdade.