Un total de 14 persoas con discapacidade da área de Vigo estanse a formar neste curso cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional
As instalacións que COGAMI ten en Vigo -rúa Teixugueiras, nº15, baixo- acollen un curso de Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas – AFD- de Comunicación en Lingua Castelá N2.
Esta formación, que cofinancian a Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, consta de 138 h lectivas que se imparten ata o día 23 de marzo, en horario de 9.00 a 14.00 h.
O curso inicia con 14 persoas, 9 mulleres e 5 homes, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo ou de incapacidade laboral para a profesión habitual, procedentes dos concellos de Vigo, Baiona e Salvaterra do Miño.
COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, rexistrando arestora un total de 3.533 persoas inscritas.