Sthela Táboas 15/02/2022

Un total de 14 persoas con discapacidade da área de Vigo estanse a formar neste curso cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional

As instalacións que COGAMI ten en Vigo -rúa Teixugueiras, nº15, baixo- acollen un curso de Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas – AFD-  de Comunicación en Lingua Castelá N2.

Esta formación, que cofinancian a Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, consta de 138 h lectivas que se imparten ata o día 23 de marzo, en horario de 9.00 a 14.00 h.

O curso inicia con 14 persoas, 9 mulleres e 5 homes, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo ou de incapacidade laboral para a profesión habitual, procedentes dos concellos de Vigo, Baiona e Salvaterra do Miño.

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, rexistrando arestora un total de 3.533 persoas inscritas.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad