Sthela Táboas 15/02/2022

SICTED é unha ferramenta básica para incrementar a calidade da oferta turística tudense dirixida aos establecementos co fin de dinamizar, promover e apoiar homoxéneamente o turismo

O Concello de Tui acollerá a próxima semana unha xornada de presentación do programa SICTED, Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos. Esta xornada está organizada pola Deputación de Pontevedra e Turismo “Rias Baixas”. Celebrarase o próximo martes, 22 de febreiro, ás 17.30 h no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui.

As persoas interesadas en participar nesta xornada xa poden inscribirse ata este domingo, 20 de febreiro, presencialmente na Oficina de Turismo de Tui -Paseo da Corredoira nº 16- ou a través do correo electrónico turismo@tui.gal

O SICTED é un programa desenvolvido pola Secretaría de Estado de Turismo, que ten como finalidade a xestión integral e permanente da calidade nun destino turístico. Xorde da necesidade de dar unha solución capaz de xestionar integramente a calidade nun destino turístico. O obxectivo principal do proxecto é dinamizar, promover e apoiar a implantación dunha serie de prácticas empresariais en todas as empresas para lograr un nivel de calidade homoxéneo nos servizos ofrecidos ao turista dentro do destino, englobando tanto os servizos ofrecidos polos compoñentes da oferta turística tradicionais como son por exemplo, os hoteis, restaurantes ou axencias de viaxes, como aqueles que sen selo estritamente, contribúen á formación da experiencia turística dun destino, á experiencia global que cada visitante ten no destino.

O establecemento ou empresa que se sume a este programa, recibirá o distintivo de compromiso de calidade turística, que se obtén unha vez realizados con éxito todos os pasos do proceso. É o soporte que acredita e recoñece o esforzo realizado por todas as empresas e servizos participantes en relación ao compromiso pola calidade e a mellora continua, á vez que os distingue fronte á súa competencia. Ten unha validez bienal, condicionada a unha avaliación do seguimento.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, ten convidado a todo o sector vinculado ao ámbito turístico a participar nesta xornada informativa cuxo obxectivo último é mellorar a calidade da oferta turística do noso concello e a súa competitividade.  A obtención do certificado SICTED, non ten ningún custo para establecemento, recorda o rexedor tudense e que, amais, favorece a implantación e desenvolvemento dun sistema de mellora desa competitividade nas entidades do sector turístico, e recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade e a mellora continua. Na actualidade Tui conta con sete empresas que contan co distintivo de calidade turística SICTED e a vontade do goberno municipal é contribuír a incrementar este número.

Na xornada do próximo martes tamén se informará aos asistentes do proxecto Interreg SUDOE “Greentour – Economía circular e turismo sostible en destinos do espazo SUDOE”. Greentour ten o obxectivo de avanzar cara a un novo modelo ambiental, económico e social, á vez que se informa ao consumidor e obtense o seu compromiso coa contorna no que se desenvolve a actividade turística.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad