Sthela Táboas 15/02/2022

Con motivo do 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro a gaita soará na Praza Arquitecto Antonio Palacios ás 20.30 h

As concellerías de Normalización Lingüística e Cultura do Concello do Porriño, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, celebrará o Día de Rosalía o vindeiro 23 de febreiro, conmemorando o 185 aniversario do seu nacemento..

Rosalía de Castro é, sen dúbida algunha, persoaxe clave das letras e a cultura galegas polo que, coa celebración deste día preténdese recoñecer o seu traballo e que as novas xeracións a teñan sempre presente.

Deste xeito, entre a programación cultural poderemos asistir ao concerto da pianista Andrea García, ás 19.00 h no CRC; para continuar ás 20.30 h na Praza Arquitecto Antonio Palacios, co concerto da gaiteira Susana Seivane.  

Repartidas en ámbolos dous concertos, un grupo de mulleres do municipio escollidas polo Concello do Porriño, lerán versos dos poemas da homenaxeada en representación do tecido asociativo lerán uns versos da homenaxeada. Elas son Juana Pérez, presidenta de ACIPOR; Chus Barros, do Club Ciclista SPOL; Chus Lemos e Beatriz Correa, do Centro Cultural de Pontellas; Eva González, do Club de Lectura do Porriño; Alicia Campos, do Club Balonmán Porriño; Candela Carballas, de Atrezo Teatro; e a xornalista porriñesa, Icía Alcalde.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad