Sthela Táboas 14/02/2022

Dende a Administración local iníase o reparto aos veciños de trampas e líquido atraínte para actuar a tempo co ‘trampeo das raíñas’

O Concello de Salvaterra de Miño lanza, un ano máis, unha campaña de concienciación ante esta especie invasora, que parece que viu para quedarse, como é a Vespa Velutina.

Encontrámonos  no intre de comezar co ‘trampeo das raíñas’, xa  que co simple xesto de colocar unha trampa, podemos facer moito.

Por este motivo o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación e repartirá trampas e doses de líquido atraínte.

É moi importante que todos actuemos, para intentar frear a proliferación da Vespa Velutina, que afecta dun xeito moi severo a biodiversidade, atacando as abellas que tanto fan pola mesma.

Todas as persoas interesadas poderán pasar  polo Concello de Salvaterra a recoller a súa trampa e a dose de líquido atraínte.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad