Sthela Táboas 02/02/2022

A actividade cultural de animación á lectura “Un mes. Catro lúas. Unha sesión de contos” achega a segunda sesión este venres 4 de febreiro ás 18:30 h

A Biblioteca Municipal do Porriño acolle este venres, ás 18:30 h, a segunda sesión de animación á lectura “Un mes. Catro lúas. Unha sesión de contos”, a cargo de Paula Carballeira.

Paula adícase a contar. Vai polo mundo recollendo contos. Trae os contos que foi atopando, e vainos contando. Así, cada catro lúas, chegará ao Porriño con contos novos. En xaneiro, contos de inverno. En febreiro, contos de bromas, de disfraces, de Entroido. En marzo, contos de primavera, de poesía, de maxia. En abril, contos deses que inventaba Hans Christian Andersen en Dinamarca. E en maio, contos de aquí, letras que coñecemos lugares misteriosos dos que non sabemos.

Así, os contos que trae vanse con quen os escoita a facer a súa vida, e as palabras quedan na biblioteca, invisibles, esperando que alguén abra a boca para meterse nela e saír en canto poidan. E todo porque a biblioteca quere palabras que contan historias.

Trátase dunha actividade organizada pola Biblioteca Municipal, programada ao longo de varios meses -os primeiros venres de mes dende xaneiro ata maio- coa intención de animar a ler empregando os contos como ferramenta.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad