Sthela Táboas 02/02/2022

O centro dependente da Deputación recomenda no tocar as eirugas da procesionaria nin acercarse a elas nas zonas de piñeiros ou cedros, xa que o seu contacto pode ocasionar irritacións e problemas graves en persoas e animais, especialmente os cans

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario para advertir da presenza no solo das primeiras eirugas procesionarias (Thaumetopoeapityocampa) e aconsella neste senso evitar os paseos nas zonas de piñeiros ou cedros, xa que como é coñecido, o contacto con estas eirugas pode ocasionar irritacións ou outros problemas máis graves.

Persoal técnico de Areeiro xa atopou nunha zona de control nun extremo da finca a primeira procesión “de enterramento” das eirugas desta especie. Hai que lembrar que estas eirugas posúen pelos urticantes que, en contacto coas persoas e animais domésticos, poden causar irritacións (de pel, ollos…), proídos, ou mesmo rinites e outros problemas que poden ser graves.

Por este motivo, desde a Estación Fitopatolóxica sinalan que é primordial non tocar as eirugas nin sequera acercarse a elas porque tamén liberan os pelos urticantes cando se senten ameazadas. Moi sensibles son tamén os cans, pola súa curiosidade innata, e por iso estes días deben evitarse os paseos nas zonas con piñeiros -as eirugas son difíciles de ver pola súa cor semellante á das agullas caídas- ou cedros.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad