Sthela Táboas 02/02/2022

A obtención do certificado de discapacidade, axudas económicas por parte da Administración e a búsqueda de emprego, son as temáticas que máis se repiten nestas consultas

A área de Promoción da Autonomía Persoal da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) presenta un balanzo sobre os servizos prestados a persoas con discapacidade e familias durante o ano 2021.

O servizo de información, asesoramento e orientación, presente en todas as oficinas que COGAMI ten nas sete cidades galegas e tamén nas súas 55 entidades membro, respondeu a un total de 1.732 consultas, número que incrementou nun 9% máis con respecto ao ano anterior.

Estas consultas foron trasladadas por diferentes vías como foron o correo electrónico, atención telefónica e de maneira presencial, despois de solicitar cita previa cos profesionais de traballo social de COGAMI. Segundo a súa procedencia, o 56% foron realizadas por persoas localizadas na provincia de A Coruña mentres que o 9% chegaron dende Lugo; o 6% dende Ourense; o 28 % de Pontevedra e o resto procederon dende fóra de Galicia.

Segundo as temáticas, as máis frecuentes están relacionadas coa obtención do certificado de discapacidade das que se recibiron 484 consultas, 278 foron sobre os procesos para poder acceder a algunha das prestacións económicas por parte da Administración, mentres que 260 están relacionadas co emprego, 190 coa accesibilidade e as barreiras arquitectónicas e o resto son sobre as axudas para a dependencia, produtos de apoio, vivenda, formación, asistencia persoal, voluntariado, lecer, sanidade e educación,entre outras temáticas.

Este Servizo de Información, Asesoramento e Orientación finánciase a través de diferentes liñas de subvención da Xunta de Galicia das diferentes Consellerías como poden ser Recursos Integrais, a través do 0,7% do IRPF e APDF, segundo requisitos, e o Concello de A Coruña. Calquera persoa con discapacidade, familiares e entidades relacionadas co sector da discapacidade poden trasladar as súas consultas, denuncias ou queixas a este servizo, que é totalmente gratuito, e todas elas se lles ofrece unha resposta o antes posible

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad