O centro construído pola comunidade de montes de Guizán cos ingresos obtidos da expropiación pola ocupación dos terreos por parte do aeroporto cunha inversión de preto de 2 millóns de euros
O sábado foi inaugurado o Centro Social e Deportivo da Comunidade de Montes de Guizán, por unha representación da corporación mosense encabezada pola súa alcaldesa, Nidia Arévalo.
O acto comenzou co corte da cinta por parte do presidente da Comunidade de Montes de Guizán, o descubrimento da placa inaugural e a bendición do edificio por parte do cura párroco de Guizán, Eloy Perales Rodal; e contou tamén coa participación do porteiro do R.C Celta, Rubén Blanco, natural de Guizán, e as intervencións de Julia Loureiro -en calidade de veciña e concelleira da parroquia-, Mª del Camen Mirou -presidenta do Círculo Cultural- e do arquitecto da obra, Jaime Iglesias Taibo, que ofreceu unha explicación técnica.
O centro construído pola comunidade de montes de Guizán -cos ingresos obtidos da expropiación pola ocupación dos terreos por parte do aeroporto- e investíronse preto de 2 millóns de euros.
O edificio presenta un total construído de 2020 m2 distribuídos en soto, planta baixa e primeira planta; no que se integran aulas de informática e cociña, sala de xogos, biblioteca, oficina para a Comunidade de Augas, Festas Veciñais da parroquia. Oficina para a Sociedade Recreativa de Guizán e outra oficina para a Comunidade de Montes. Aseos. Sala de Xuntas, Cafetería (que se rexentará en concesión). Salón de actos con capacidade de 230 persoas con escenario e camerino.
Conta ademais con sala polivalente para ximnasias e ximnasio cos seus respectivos vestiarios. No exterior hai pistas de pádel e unha pista polideportiva, así como un parque infantil.
A Comunidade de Montes de Guizán constitúese no ano 1988 e conta cun total de 192 comuneiros. O centro foi construído para uso e disfrute de todos os veciñ@s de Guizán, aínda que non sexan comuneiros.
O acto foi clasurado trala intervención do presidente da Comunidade de Montes de Guizán, José Luis Fernández, e pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que fixo entrega da bandeira de Mos ao Presidente da comunidade ao son do himno de Mos, interpretado polo gaiteiro Xosé Oliveira e o grupo Ruada de Torroso.