Sthela Táboas 20/12/2021

O centro construído pola comunidade  de montes de Guizán cos ingresos obtidos da expropiación pola ocupación dos terreos por parte do aeroporto cunha inversión de preto de 2 millóns de euros

O sábado foi inaugurado o Centro Social e Deportivo da Comunidade de Montes de Guizán, por unha representación da corporación mosense encabezada pola súa alcaldesa, Nidia Arévalo.

O acto comenzou co corte da cinta por parte do presidente da Comunidade de Montes de Guizán, o descubrimento da placa inaugural e a bendición do edificio por parte do cura párroco de Guizán, Eloy Perales Rodal; e contou tamén coa participación do porteiro do R.C Celta, Rubén Blanco, natural de Guizán, e as intervencións de Julia Loureiro -en calidade de veciña e concelleira da parroquia-,  Mª del Camen Mirou -presidenta do Círculo Cultural- e do arquitecto da obra, Jaime Iglesias Taibo, que ofreceu unha explicación técnica.

O centro construído pola comunidade de montes de Guizán -cos ingresos obtidos da expropiación pola ocupación dos terreos por parte do aeroporto- e investíronse preto de 2 millóns de euros.

O edificio presenta un total construído de 2020 m2 distribuídos en soto, planta baixa e primeira planta; no que se integran aulas de informática e cociña, sala de xogos, biblioteca, oficina para a Comunidade de Augas, Festas Veciñais da parroquia. Oficina para a Sociedade Recreativa de Guizán e outra oficina para a Comunidade de Montes. Aseos. Sala de Xuntas, Cafetería (que se rexentará en concesión). Salón de actos con capacidade de 230 persoas con escenario e camerino.

Conta ademais con sala polivalente para ximnasias e ximnasio cos seus respectivos vestiarios. No exterior hai pistas de pádel e unha pista polideportiva, así como un parque infantil.

A Comunidade de Montes de Guizán constitúese no ano 1988 e conta cun total de 192 comuneiros. O centro foi construído para uso e disfrute de todos os veciñ@s de Guizán, aínda que non sexan comuneiros.

O acto foi clasurado trala intervención do presidente da Comunidade de Montes de Guizán, José Luis Fernández, e pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que fixo entrega da bandeira de Mos ao Presidente da comunidade ao son do himno de Mos, interpretado polo gaiteiro Xosé Oliveira e o grupo Ruada de Torroso.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad