Sthela Táboas 20/12/2021

Pedro Pereira asinou ante notario as escrituras de compra-venta de varias parcelas situadas entre a vía do tren e o río Louro

A Concellería de Urbanismo e Patrimonio do Concello do Porriño, dirixida polo nacionalista Pedro Pereira, informa da sinatura en notaría das escrituras de compra de varias parcelas situadas na contorna do río Louro.

Até o momento formalizouse o pago de fincas, que suman unha superficie de 8.105.80 m2. Esta semana asinaranse novas escrituras coas que xa hai acordo de compra. En total a nova zona verde para uso público sumará un total de 20.285,55 m2. O importe da compra ascende a 364.131,01 €.

Pedro Pereira, actual alcalde en funcións, agradeceu en nome do Concello do Porriño a boa predisposición das anteriores propietarias que, dende o primeiro intre, ao ser contactadas mostraron a súa colaboración para que o Concello conte con este espazo de desfrute para @s veciñ@s do Porriño.

“Hai que apostar por abrir o entorno do río ás persoas. A contorna do Louro é o pulmón verde que o centro urbano precisa e esta compra é un primeiro paso necesario para transformar este espazo”, apuntou Pedro Pereira.

O alcalde en funcións afirmou que a recuperación integral do lugar, non será completa “mentres o matadoiro permaneza na súa localización actual e o tren siga a cruzar polo medio da vila do Porriño”. 

O concelleiro de Infraestruturas chamou a “traballar desde a institución municipal para acadar un soterramento ambicioso da vía e negociar un traslado do matadoiro, dous obxectivos cruciais para o futuro do Porriño”, concluíu Pereira.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad