Mónica Romero 14/12/2021

Dúas conferencias e un debate abordarán o papel dos medios de comunicación na erradicación da violencia de xénero ao abeiro do programa Maruxa Mallopecha

Este sábado, 18 de decembro, terá lugar na aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, unha Xornada Técnica en Igualdade e Comunicación organizada pola concellería de Igualdade o Concello de Tui dentro da programación elaborada con motivo do 25N e ao abeiro do programa Maruxa Mallo, financiado pola Deputación de Pontevedra.

Dado o papel fundamental que xogan os medios de comunicación, tanto audiovisuais coma escritos, nos procesos de socialización e transmisión de valores, con esta xornada búscase brindar aos profesionais a información precisa para poder realizar boas prácticas informativas en materia de violencia de xénero. Para iso contarase con dúas conferencias e unha mesa redonda nas que se analizarán as dinámicas a través das que se constrúe o sexismo, propondo medidas, alternativas e respostas profesionais para protexer os dereitos das mulleres.

A xornada comezará ás 10 h coa benvida por parte da concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez. A continuación Chus Ortiz, xornalista especializada en comunicación e xénero, xefa de servizo e xestora do Observatorio de la Imagen de las Mujeres do Instituto de las Mujeres do Ministerio de Igualdade, abordará ““Estereotipos de xénero, cómplices da desigualdade e da violencia machista”.

Ás 11 h Carolina Pecharromán, editora de Igualdade de TVE, responsable do portal de igualdade “Todxs por igual” e redactora en TVE ofrecerá a conferencia ““Medios de comunicación e igualdade, un binomio imprescindible”. Tras un descanso ás 12.15 abrirase un debate, que será moderado por José Font, director da Radio Municipal de Tui, co título “Análise actual e medidas de futuro na transmisión de novos modelos igualitarios e contra a violencia de xénero nos medios de comunicación” coa participación de Montserrat Boix, xornalista dos servizos informativos de TVE na sección internacional, membro do Observatorio de la Igualdad da Corporación de RTVE en representación de UXT; Laura Seara, exsecretaria de Estado de Igualdade e consultora de igualdade; Ana Fuentes, escritora, xornalista e directora de comunicación na Zona Franca de Vigo; e Noelia Otero, xornalista especialista en información internacional e países do sur, e deputada no Parlamento de Galicia.

O programa pecharase ás 13.30 h coa presentación das conclusións e clausura por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro.

Esta xornada formativa, de carácter técnico, vai dirixida a profesionais da comunicación, da publicidade e o audiovisual, asi coma ao persoal das administracións públicas, dos colexios profesionais, das entidades sociais e á cidadanía en xeral.

Para asistir é preciso inscrición previa en igualdade@tui.gal . Pódese acadar máis información no 666 90 93 03.

Programa

10.00 h Benvida da concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez

10.15 h “Estereotipos de xénero, cómplices da desigualdade e da violencia machista” por Chus Ortiz, xornalista especializada en comunicación e xénero. Xefa de servizo e xestora do Observatorio de la Imagen de las Mujeres do Instituto de las Mujeres do Ministerio de Igualdade.

11.00 h “Medios de comunicación e igualdade, un binomio imprescindible” por Carolina Pecharromán, editora de Igualdade de TVE, responsable do portal de igualdade “Todxs por igual” e redactora en TVE.

11.45 h Pausa café

12.15 h Debate “Análise actual e medidas de futuro na transmisión de novos modelos igualitarios e contra a violencia de xénero nos medios de comunicación” coa participación de Montserrat Boix, xornalista dos servizos informativos de TVE na sección internacional, membro do Observatorio de la Igualdad da Corporación de RTVE en representación de UXT; Laura Seara, exsecretaria de Estado de Igualdade e consultora de igualdade; Ana Fuentes, escritora, xornalista e directora de comunicación na Zona Franca de Vigo; e Noelia Otero, xornalista especialista en información internacional e países do sur, e deputada no Parlamento de Galicia. Modera Jose Font, director da Radio Municipal de Tui.

13.30 h Conclusións

14.00 h Clausura a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad