Mónica Romero 14/12/2021

A postal de Nadal de Aitana Bernabeu Suárez de 6º de Primaria do CEIP de Caldelas gañadora do concurso convocado polo Concello de Tui

A postal presentada pola alumna de 6º curso de Educación Primaria do CEIP de Caldelas, Aitana Bernabeu Suárez, resultou gañadora do concurso de postal de Nadal 2021 convocado polo Concello de Tui para a elección da postal navideña que distribuirá o concello de tudense neste ano 2021.

A responsable da Concellería de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, explica que a finalidade deste certame escolar, que por segundo ano convoca o Concello de Tui, é fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal, procurando que os nenos e nenas do noso municipio, expresasen a través dun debuxo o significado do Nadal e a súa relación co noso Concello.

A concelleira expresa a súa satisfacción polo incremento de participación neste certame ao que presentaron traballos o CEIP’s de Caldelas, Pazos de Reis, Guillarei, Rebordáns e Nº 2 de Tui así como o Colexio Santa María – Maristas Tui.

O xurado acordou conceder os seguintes premios:

  • Terceiro premio á postal presentada por Adrian de Sousa Martin, de 2º de Primaria do CEIP de Pazos de Reis
  • Segundo premio á postal presentada por Aldara Solla González, de 2º de Primaria do CEIP de Pazos de Reis
  • Primeiro premio á postal presentada por Aitana Bernabeu Suárez, de 6º de Primaria do CEP de Caldelas

Así como dous accésits as postais presentadas por

  • Natalia Fernández Lovacco de 5º de Primaria do Colexio Santa María – Maristas Tui
  • Aaron Maceira López, de 6º de Primaria do CEIP de Rebordáns

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad