Con data límite ata o 16 de decembro, @s interesad@s poderán inscribirse a través do Rexistro Xeral do Concello de Mos ou da Sede Electrónica
Onte abríuse o prazo de inscrición no campamento infantil navideño do Concello de Mos, que se realizará durante os días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 decembro e 3,4 e 5 de xaneiro en horario de 09.00 a 14.30 h na Axencia de Colocación de Mos.
Esta iniciativa vai dirixida a nen@s con idades comprendidas entre 3 e 12 anos. A admisión será por rigorosa orde de entrada no Rexistro do Concello. Os obradoiros se realizarán sempre e cando se acade un mínimo de 15 participantes.
A inscrición poderá formalizarse do 9 ao 16 decembro, a través do Rexistro Xeral do Concello de Mos ou da Sede Electrónica. O prezo por participante é de 72 € o campamento completo, e días soltos 12 €.
Os interesados en solicitar Aula Madruga de 08.30 h a 09.00 h poderán facelo sempre e cando haxa un mínimo de 10 nen@s.
Ademáis dentro da programación de Nadal mosense, mañá 11 de decembro ás 21:00 h, concerto de Manuele de Felisa no auditorio do Centro Dotacional de Torroso. O 19 decembro ás 18:00 h, o Grupo de Teatro Mulleres en Igualdade do Concello de Mos representará ‘Un Conto de Nadal’, tamén no auditorio de Torroso.
O día 26 ás 16:30 h chegará o tradicional Certame de Rondallas de Mos á Avenida de Puxeiros, contando coa participación da Rondalla Santa Eulalia de Mos, Rondalla Centro Cultural de Torroso, Rondalla Santiguiño de Guizán e Rondalla Asociación Cultural de Herville.
Xa co comezo do novo, o 5 xaneiro, chegan as Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente a Mos ás 17:00 horas na Cabalgata de Reis pola Avenida de Sanguiñeda.
O dous grandes Beléns de Mos poderán ser visitados nos seguintes horarios:
O Belén de Herville: de luns a venres de 15:00 h a 17:00 h e de 19:00 h a 22:30 h. Os sábados: de 15:00 h a 23:00 h. E os domingos: de 11:30 h a 13:30 h e de 15:00 h a 21:30 h.
O Belén do Pazo de Mos: de luns a venres, de 17:00 h a 20:00 h, sábados e domingos, de 10:00 h a 13:00 h e de 17:00 h a 20:00 h.