Sthela Táboas 10/12/2021

O grupo de oposición sentencia “se entramos será con garantías e para mudar as cousas”

EU SON leva denunciando os graves problemas do Concello dende hai tempo. Na procura dunha solución, pedimos negociar co PSdeG un cambio de rumbo, proceso que comezou cando Eva García de la Torre presentou a súa renuncia, admitindo de facto, as graves irregularidades da súa xestión pois doutro xeito non dimitiría.

EU SON continúa traballando para mellorar esta situación e isto pasa por acadar un bo acordo para o conxunto do Porriño e garantir que se leve a cabo, xa vivimos o incumprimento sistemático de compromisos anteriores. EU SON non ten interese en postos, senón en fórmulas que permitan mudar as cousas para un funcionamento limpo e democrático.

Poñendo nomes por diante non hai posibilidade de corrixir a xestión, e a dimisión da alcadesa só é un cambio de táctica para continuar co mesmo que se estaba a facer, botar a culpa aos demáis. Só así se explica que non se dialogue de verdade e se prefira facelo a través dos medios de comunicación, de forma esperpéntica e montando un circo mediático contra EU SON.

EU SON non busca a humillación do PSdeG, senón un clima de respecto entre a nosas forzas políticas que faga posible recuperar a confianza mutua. Nesa liña pedimos que se rebaixe publicamente o ton e unhas desculpas polo acontecido como punto de partida.

EU SON sempre quixo un goberno de esquerdas no Porriño, aválanos unha traxectoria. Se rexeitamos entrar no goberno no 2019 foi porque non se trataba de entrar senón de facelo coas garantías precisas. Podemos facelo agora, porque entendemos que as dinámicas van mudar e para iso traballamos. A nosa man está tendida para axudar en áreas que consideramos fundamentais nese cambio de fondo e de formas. Dende dentro podemos garantir que isto se vai cumprir e dar estabilidade. Non é a nosa batalla o tema dos nomes pero está claro cal é o perfil axeitado para nós.

EU SON quere entrar no fondo dos contidos do PSdG, que de momento, prefire centrarse nos nomes para continuar polo mesmo camiño. Pensamos que non haberá cambio real se quen tivo relación directa coa xestión económica de Eva García é o núcleo da nova alcaldía.

EU SON non vai cair en descalificacións. Agardamos un cambio de actitude porque non imos entrar nun xogo sucio que o único que fai é dano á veciñanza. Ese non é o rexistro axeitado para acadar acordos nin o clima para mellorar a vida da xente. A proposta que achegamos é unha proposta inicial, para ser debatida sempre dende o respecto. Partimos sempre de contidos de QUE merece O Porriño, de como pode facerse e finalmente con quen, cales son os perfís para conseguilo.

EU SON considera que non é prudente, se se quere chegar a bo porto, filtrar parte da nosa proposta inicial aos medios dando a falando de egoísmo. Isto non ten ningún sentido xa que poderiamos estar no goberno dende o principio da lexislatura.

Qué propón EU SON?

Auditoría sobre a situación económica do Concello, orzamentos anuais e participativos, un procedemento para a xestión da contratación menor transparente, obxectivo e eficaz; celebración de pleno ordinario mensual e de Xuntas de Voceir@s e celebración das comisións previas coa máxima antelación posible e documentación a tempo, cumprimento das mocións aprobadas; supervisión da Policía Local como un corpo ao servizo da veciñanza, respectable e respectuoso e depuración de posibles responsabilidades por presuntos abusos de poder e actuacións racistas; posta en marcha de mecanismos de participación cidadá; plan medioambiental integral; papel activo do Concello ante outras Administración na reivindicación do cumprimento por parte de calquera outras Administracións das competencias que lle son propias con especial esixencia en problemas como: Paso a Nivel, lindano, C. de Saúde, centros de ensino, problemática específica de Torneiros…; cumprimento estrito da lexislación de Memoria Histórica; cumprimento do principio de laicismo do Estado e de todas as súas institucións.

EU SON cre que pode facerse cun goberno liderado por un candidat@ do PSdG sen ningunha vinculación directa coa xestión económica anterior, cun marcado perfil dialogante e os coñecementos e recursos precisos. Un goberno de esquerdas, con unha composición proporcional á representatividade de cada unha das tres forzas (PSOE, EU SON, BNG) e no que Eva García de la Torre, non teña ningún tipo de responsabilidade e cunha restruturación e redistribución das competencias delegadas actuais.

Con EU SON na 1ª Tenencia de Alcaldía por ser segunda forza máis votada da esquerda. Con dúas delegacións xenéricas a favor de EU SON, referidas ás facultades delegables da Alcaldía nas seguintes áreas (coa súa correspondente dotación económica): Concellería de Participación Cidadá e relación coas entidades veciñais, asociacións, colectivos e comunidades, Concellería de Xuventude e Maiores, Igualdade e Educación. Con dúas persoas de confianza, unha designada polo Alcalde/Alcaldesa e outra por EU SON.

EU SON reafirma o compromiso dado pola súa Coordinadora Nacional ao responsable provincial do PSdG que segue en pé, sempre e cando se dea un trato respectuoso e se garante un proxecto municpal polo ben común: investir a un candidato/a socialista, pero a ninguén imposto, senón de consenso. Poñámonos a traballar xa para a veciñanza no que queda de lexislatura.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad