Mónica Romero 01/12/2021

Este concerto escenificado comezará ás 21.30 h. As entradas están á venda en www.tui.gal aos prezos de 8€ e 6€

Este venres, ás 21.30 h, o Teatro Municipal de Tui acolle “La Boheme” con Camerata Lírica, un espectáculo que pecha a programación cultural do outono neste espazo.

Baixo a dirección de Rodolfo Albero Camerata Lírica presenta, en formato concerto escenificado, unha das grandes obras mestras de Giacomo Puccini. Unha coidada escenografía, con vestiario de época, transportaranos até o Paris de 1830, durante os catro actos que dura a ópera. Sobre o escenario estarán Jose Quintín, Inmaculada Laín, Abelardo Cárdenas, Andreina Wilians, Rafael Casete, Joth Heat, Willingerd Samuel Gimenez, e Tatiana Studyonova.

“La Boheme” transcorre no barrio Latino de París achegándonos á vida duns soñadores bohemios e a historia de amor entre Mimi, unha modista, e Rodolfo, un poeta.

O espectáculo ten unha duración de 1 hora e 40 minutos sen descanso. Na xira que están a realizar por España están a colleitar os aplausos e recoñecemento do público.

As entradas están á venda en www.tui.gal até o venres ás 21.20 h aos prezos de 8€ e 6€.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad