Mónica Romero 01/12/2021

“Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos” está dispoñible tanto impresa coma en formato dixital en www.tui.gal

“Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos” é o título da guía presentada onte á tarde na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, dentro das actividades organizadas polo Concello de Tui en torno ao 25N. Foi financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa Maruxa Mallo.

A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e a autora e coordinadora da guía, Laura Seara, foron as encargadas da presentación desta publicación que está xa accesible en formato impreso, así coma en dixital accesible na web municipal www.tui.gal.

A Guía foi elaborada co propósito de difundir os dereitos das mulleres así como recursos, programas específicos e servizos de información e de asistencia ás mulleres. Co mesma dase amais resposta á demanda de información detectada na elaboración do III Plan Municipal de Igualdade. Este publicación é unha ferramenta de apoio e consulta para as mulleres, sendo amais un material de apoio para as persoas que traballan no eido municipal ou da saúde, os servizos sociais, a educación, a seguridade ou ao emprego. A información da Guía é útil para toda a cidadanía, aínda que as principais destinatarias sexan as mulleres.

A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, sinalou na presentación que “cando as mulleres dispoñen da información precisa sobre os seus dereitos, programas, plans e servizos, abren unha porta ao empoderamento e á liberdade. Destacou amais a importancia deste material de cara a acadar a igualdade entre homes e mullere indicando que “aínda podemos atopar diversas formas de discriminación que afectan maioritariamente as mulleres polo simple feito de selo e que se manifestan en forma de fendas económicas, sociais, culturais, dixitais e a través da máis brutal das desigualdades, a violencia de xénero”. Nesse senso afirmaba que “a información é o camiño á igualdade”.

Laura Seara afirmaba na presentación que “o obxectivo da guía é saber a onde dirixirnos” engadindo que “é un recurso para que a muller estea informada”.

Ao longo de 85 páxinas e 5 capítulos “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos” recolle os obxectivos do III Plan Municipal de Igualdade, e afonda nos dereitos laborais e de conciliación, os recursos e programas de emprendemento, e os enderezos e datos de interese.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad