Sthela Táboas 04/11/2021

O Programa Integrado de Emprego rematará o vindeiro 8 de novembro tendo superado con creces o obxectivo de inserción do 45%

A Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou esta mañá no acto celebrado na Axencia de Colocación mosense

Esta mañá clausurábase o VI Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos, no que estiveron participaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz; e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro.

O acto consistiu nunha mesa redonda entre o equipo técnico do Programa Integrado, usuari@s participantes no PIE e representantes de empresas colaboradoras do mesmo; poñendo o broche final ao encontro o cantante mosense Antonio Barros Serodio, tamén usuario do Programa, que interpretou Nessun Dorma.

O VI PIE do Concello de Mos clausúrase cun 78% de inserción, prevéndose algunha contratación máis nestes últimos días. Rematará o vindeiro 8 de novembro tendo superado con creces o obxectivo de inserción do 45%; pois 78 persoas traballan actualmente ou traballaron durante o Programa.

O Programa contou con 100 usuari@s de Mos e unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia de 250.000 €. O Concello aportou os 63.283,21 € restantes ata a acadar o custe total do Programa de 313.283,21 €.

Os usuari@s puideron beneficiarse dunha ampla formación que incluiu desde 2 certificados de profesionalidade, ata 66 cursos de diferentes ramas con clases tanto presenciais como on line, preparación para a obtención do título da ESO e prácticas en empresas de diferentes sectores. Acadouse un 70,80 % de inserción laboral das persoas que fixeron prácticas en empresas colaboradoras do mesmo. Entre as devanditas empresas atópanse Benteler, Faurecia, Cristal Sío, Proa, Magna, Alborada, Dativic, etc.

A avaliación dos resultados obtidos polo Programa é, polo tanto, moi positiva e parece que a crise derivada da COVID-19 non frea a creación de emprego en Mos. “A día de hoxe, 78 dos 100 participantes do programa traballan ou traballaron desde o inicio, demostrando que o Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos que con esta chega xa á súa sexta edición, continúa co seu labor de mellora de competencias e asesoramento na busca activa de emprego a persoas desempregadas do municipio, que reciben tanto formación como sesións de orientación laboral persoalizada”, declararon as representantes municipais Arévalo e Loureiro.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad