Sthela Táboas 04/11/2021

No marco do proxecto ARIEM 112, con esta medida o Concello quere previr incendios nos fogares das persoas máis vulnerables

Coa chegada do frío, son moitos os fogares que acenden as calefaccións de leña ou chimeneas, co seu correspondente risco de incendio polas muxicas ou de asfixia pola emisión de fume. 

O Concello de Salvaterra de Miño lembra que pon a disposición das persoas maiores de 65 anos un detector de fume para a súa vivenda, de mínimo mantemento e de sinxela colocación, dentro da campaña de prevención contra incendios.

A entrega destes detectores nace dun convenio entre a Axencia Galega de Emerxencias para a xestión e prevención das mesmas na zona transfronteriza, no marco do proxecto ARIEM 112 -Asistencia recíproca interrexional en materia de emerxencias-, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa de Cooperación Transfronterizo España–Portugal -POCTEP-, o Consorcio Provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento, e o Concello de Salvaterra de Miño.

Nestes intres, o Concello de Salvaterra e o único do Condado Paradanta que gaña en poboación,  así coma dos poucos da provincia cun número elevado de nacementos por ano e con unha incipiente poboación nova. Pero tamén é verdade que conta cun número considerable de persoas maiores que viven soas e, co fin de aumentar a seguridade neses fogares, ratificou este convenio de colaboración.

Dunha maneira sinxela, as persoas maiores de 65 anos poderán dispor no seu fogar dun detector de fume cunha guía de consellos, onde se lles explica de forma doada como colocalos, onde e como é o seu mantemento, ademais das precaucións que debemos ter en conta.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad