Sthela Táboas 20/10/2021

OMIX e Concello do Porriño organizan este obradoiro en colaboración cos centros de ensino da vila, dadas as novas tendencias dixitais de comunicación, formación e ocio

Un total de 214 alumn@s de 3º da ESO, dos centros de ensino porriñeses, serán os receptores das clases de ciberseguridade que promove o Concello como actividade escolar.

A concelleira de Educación Lourdes Moure, visitou onte á tarde o obradoiro, de 2 h de duración que se impartíu no IES Pino Manso.As seguintes sesións deste obradoiro continuarán ata o 4 de novembro nos centros de ensino secundario porriñeses.

A concelleira explicou que “esta actividade de ciberseguridade ven motivada polas novas formas de aprender, crear e comunicarse de xeito que os nen@s acceden cada vez máis cedo a dispositivos conectados a Internet. Xa sexa dende o móbil, o ordenador, a tablet ou a videoconsola, se non se forman en ciberseguridade, poden correr riscos innecesarios”.

“As ameazas máis habituais nestas idades son o ciberacoso e a ciberviolencia, a suplantación de identidade, as fakenews (noticias falsas), as estafas e tamén as adiccións dixitais. Por iso dende o Concello do Porriño e a OMIX promovemos estas formacións dirixidas a 3º da ESO, para que saquen todo o partido a Internet protexendo a súaintegridade física e mental”, engadiu Moure. Trátase dunha actividade escolar das que organiza cada ano a Concellería de Educación xunto coa OMIX do Porriño, en colaboración cos centros de ensino do concello. Precisamente Lourdes Moure indicou que, o vindeiro mércores 27 de outubro, terá lugar a reunión preparatoria coas direccións dos centros educativos para determinar o calendario de actividades de 2022.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad