Sthela Táboas 19/10/2021

Os socialistas de Mos indican que o Partido Popular vota en contra de tódalas propostas do PSOE” nas que se inclúen aumento na plantilla de Servizos Sociais, ou a creación de liñas de subvencións para festivais e actividades culturais, ANPAs, escolares e traídas de augas

Para que os orzamentos entren en vigor o 1 de xaneiro teñen que ser aprobados polo Pleno antes de que remate o ano anterior, o que implica que meses antes debese empezar a traballar neles. Dependendo do Concello esta labor faise mantendo reunións previas con toda a corporación ou escoitando as súas propostas, cuestión que de acordo as queixas do PSOE de Mos, non se fai na vila.

En anos anteriores as propostas de cara o pleno de aprobación dos orzamentos tampouco foron escoitadas, polo que din os socialistas que propuxeron unha moción cunha batería de propostas para estudar a súa inclusión nos orzamentos do ano 2021. Ditas propostas inclúen:

  • Aumentar a plantilla de traballadoras do departamento de servizos sociais.
  • Que dende dito departamento estean en contacto constante cos centros educativos para anticiparse ante posibles situacións criticas para o alumnado.
  • A creación dunha liña de subvencións para festivais e actividades culturais da nosa localidade.
  • Recuperar a liña de axudas para escolares.
  • Establecer unha liña de subvención para as ANPAS.
  • Establecer unha liña de subvención para as traídas de augas.

Dende o PSdeG PSOE de Mos subliñan que “son cuestións que a veciñanza leva anos reclamando e que, polo tanto, deberían estudarse para tentar incluílas nos vindeiros orzamentos”.

A voceira socialista, Victoria Alonso, di non entender “como o PP de Mos non escoita as propostas dos socialistas nin acepta o debate”, e afirma que “claramente, o Partido Popular ten unha actitude negativa ante todas as cuestións nadas no seno socialista, e isto débese a un intento por ocultar o traballo que estamos a facer dende a bancada da esquerda”.

Alonso tamén quere recordarlle a actual rexedora que “non escoitar aos socialistas, é non escoitar a unha parte da veciñanza, polo que se quere gobernar de costas a unha parte de Mos, non pode seguir no cargo da Administración local”; e lémbralle á rexidora que “tamén é labor dunha boa rexedora deixar a un lado as cores políticas polo ben de toda a veciñanza, como é este o caso”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad