Sthela Táboas 19/10/2021

Carmela Silva e Ánxela Fernández inauguran a peza que saca á luz as traxectorias vitais de Xulia Suárez, Rufina Domínguez e Adela Álvarez

Presidenta e alcaldesa avaliaron as actuacións para a praza do Calvario e a reforma do Mercado

O Concello do Rosal deu hoxe un paso máis no seu camiño de transformación da man da Deputación de Pontevedra, que inclúe non só novas obras en infraestruturas e equipamentos, senón tamén a recuperación de espazos públicos para reivindicar a memoria histórica de mulleres referentes no municipio. A presidenta da Deputación, Carmela Silva e a alcaldesa, Ánxela Fernández, inauguraron esta tarde o segundo mural do proxecto “Revolucionando Mentes”, programa cun marcado ton reivindicativo e de concienciación social, co que o concello reivindica o papel que xogaron as mulleres rosaleirasen distintos ámbitos e épocas.

Situado no exterior do Pavillón dos Deportes o mural é obra de Vanesa Álvarez e Lorena Arévalo e foi financiado polo programa da Deputación para o Fomento da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero en concellos de menos de 20.000 habitantes. A creación visibiliza a traxectoria vital de Xulia Suárez, Rufina Domínguez e Adela Álvarez, tres mulleres nas que O Rosal personifica a homenaxe a tódalas mulleres da súa historia. Nas intervencións, a presidenta provincial e a alcaldesa estiveron acompañadas por familiares destas tres rosaleiras: Xulia Suárez, que reivindicou os dereitos das mulleres durante o franquismo dende a súa profesión como enfermeira; Rufina Domínguez, que loitou a prol da II República chegando a esconder na súa casa ao último alcalde republicano do Rosal; e Adela Álvarez, un exemplo de muller dinamizadora da colectividade dende un ámbito rural como a parroquia de Fornelos, e autora de diversas pezas poéticas en galego.

A visita da presidenta da Deputación serviu, ademais, para que a alcaldesa lle amosase os proxectos de ampliación do Mercado, financiado con achegas do Plan Concellos, e da reforma da Praza do Calvario, que O Rosal xa ten presentado ao plan provincial ReacPon.

En canto á segunda fase da reforma do Mercado de Abastos, a nova intervención estará financiada ao abeiro do Plan Concellos (390.000 €) e servirá para converter ao edificio nun espazo de referencia socioeconómica para a gastronomía e o turismo así como para recuperar a terraza do mesmo. As actuacións chegan despois da inauguración da primeira fase das reformas -no mes de maio- que tivo un custo de 207.000 € financiados case nun 80% (161.300 €) pola Deputación.

A presidenta tamén coñeceu a futura reforma da Praza do Calvario, que foi licitada este mesmo mes cun orzamento de 1.158.500 €, para a que o concello solicitou unha achega do Plan ReacPon de 517.938 €. Nesta reurbanización empregaranse materiais construtivos que preserven e potencien o carácter patrimonial e arquitectónico existente e prepárase tamén unha reordenación da contorna do Calvario, así como do aparcamento.

Carmela Silva tamén anunciou na súa visita novidades con respecto ao proxecto da mellora de mobilidade peonil na EP-3303 Tabagón-Goián. As obras da primeira fase desta esperada actuación están a piques de comezar nos vindeiros días e a presidenta provincial tamén confirmou que nas próximas horas a Deputación remitirá xa ao Concello o proxecto redactado da segunda fase para que poida ser aprobado canto antes e tramitar o convenio.

A actuación Tabagón-Goián suporá unha transformación radical deste viario de 4,5 quilómetros que transcorre polos concellos do Rosal e Tomiño, estendendo un modelo de mobilidade centrado na recuperación do espazo para as persoas e na redución do CO2.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad