Celebrarase no pavillón deportivo do CEIP Xosé Fernández López dada a adversidade meteorolóxica prevista
Aínda que poderá asistir o público, este será con aforo limitado
A Concellería de Festexos do Concello do Porriño comunicou que, tendo en conta as previsións meteorolóxicas adversas para este sábado día 2, a final do Concurso “Trivium Porriño” trasladarase ao pavillón deportivo do Colexio Xosé Fernández López.
Aínda que poderá asistir o público, este será con aforo limitado.
A final xogarase entre as 18:00 e as 20:30 h de mañá, coas catro parellas que obtiveron a súa clasificación nas quendas disputadas con anterioridade.
Os gañadores acadarán un premio de 300 € para consumir no comercio e na hostalería locais. A segunda parella clasificada leva 200 € e para a terceira 100 €.
“TriviumPorriño” é un xogo similar ao “Trivial” pero personalizado na nosa vila para poñer a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre O Porriño.
Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento. “Trivium Porriño” é unha nova proposta de lecer durante as Festas do Cristo que fai a Concellería que dirixe Cami Moreira, organizada pola OMIX do Porriño e coa colaboración da produtora “Especialistas Hípica Celta”.