Sthela Táboas 01/10/2021

O Partido Socialista destaca a seguridade xurídica e a posibilidade de crecemento económico e social que se adquire co PXOM

Os socialistas lamentan a falta de apoio de ACIP á necesidade dun novo centro de saúde para a nosa vila

Ponteareas celebra hoxe a aprobación do PXOM pola Xunta de Galicia, nun acto que congregou a representantes do PSOE, BNG e PP. “Tras case vinte anos sen planeamento urbanístico, hoxe foi finalmente aprobado o novo PXOM de Ponteareas que permitirá regularizar numeras construccións e actividades que levaban moitos anos nunha situación ilegal”, afirman dende o PSOE de Ponteareas.

Na nosa vila levamos moitos anos agardando por unha escola infantil pública que está pendente de terreos para poder ser construída, así como poder contar con dotacións municipais que permitan dan servicios aos veciños e veciñas. Non é posible que unha vila creza sen chan industrial e a isto da solución o PXOM. “A partir de hoxe garántense postos de traballo en actividades empresariais que estaban ameazadas de morte con ordes de demolición enriba”, afirman os socialistas de Ponteareas.

Dende o Partido Socialista lamentan “que o grupo municipal ACIP non votase a favor dun planeamento urbanístico, que permitirá dar solución a todas as ilegalidades cometidas en anos anteriores e que porá a Ponteareas no mapa das zonas de interese para o desenrolo de actividades económicas. O único partido político que votou sempre a favor do PXOM foi o Partido Socialista, independentemente do partido que gobernase en Ponteareas. Dende o PSOE sempre puxemos por diante os intereses xerais aos intereses partidistas. Hoxe é un día de celebración e parabéns”, celebran dende o grupo socialista.

A aprobación do PXOM abre a porta a un novo centro de saúde en Ponteareas

O partido socialista de Ponteareas ven reclamando nos últimos meses a necesidade de que a Xunta de Galicia constrúa un novo centro de saúde en Ponteareas.

A ubicación do Centro de Saúde de Ponteareas plantexa diferentes problemáticas pola súa ubicación e nula capacidade de amplitude. Este centro que data do ano 1987 quedou xa pequeno para atender a toda a poboación da Vila así como as necesidades dos veciños e veciñas do Condado que son atendidos no PAC.

Trala aprobación do PXOM de hoxe, o Concello de Ponteareas está en disposición de buscar e ofrecer terreos á Xunta de Galicia para que poida construir un novo centro de saúde en Ponteareas, con boas comunicacións coas diferentes estradas que pasan pola nosa vila e cunha boa capacidade de estacionamento. Cumpriríase así as demandas tanto dos usuarios do centro de saúde como dos profesionais que traballan alí.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad