José Docampo 30/08/2021

50 persoas participaron este sábado, a unha semana da etapa 20 de La Vuelta, no ‘Mos sobre rodas’, en Herville. O mesmos día á tardiña, os exteriores do Pazo de Mos acolleron o desfile e concurso de deseñadores noveis ‘DESFILAMOS’.

350 persoas participaron este sábado, a unha semana da etapa 20 de La Vuelta, no ‘Mos sobre rodas’. O Concello de Mos, en colaboración con La Vuelta 21, a Asociación Cultural e Social de Herville, e a Asociación Veciñal e Cultural Celado de Cela, organizou esta iniciativa enmarcada dentro do programa municipal de actividades con motivo da etapa 20 Sanxenxo-Mos (Castro de Herville) que terá lugar o vindeiro 4 de setembro.

Nesta ocasión trátase dun evento dirixido a todos os amantes do deporte sobre rodas, que puideron participar, tanto individualmente como en familia, no encontro ‘Mos sobre rodas’ que se celebrou a partir das 17.30 horas da tarde no Castro de Herville. O evento estaba pensado para públicos de todas as idades, que participen cos seus vehículos sobre rodas sen motor, tales como monopatíns, patíns, patinetes, bicicletas, triciclos, etc.

A actividade consistiu nun circuito pechado para todo tipo de vehículos sen motor, marcha MBT para maiores de 12 anos, andaina, actuacións de Argonat Band, Grupo Infantil de Gaitas Nosa Terra de Pereiras, Banda de Gaitas de Herville, Grupo de Gaitas e Baile Celado; merenda popular a base de empanada, auga e refrescos; e un sorteo de agasallos de La Vuelta.

Ás 21 horas tivo lugar no Pazo de Mos o desfile ’DESFILAMOS’ que organiza a Asociación de Palilleiras de Mos. No acto, que contou con preto de 300 persoas entre o público, estiveron presentes Montserrat Pereira Troitiño, presidenta da Asociación de Palilleiras de Mos, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Participación Cidadá e Cultura e Turismo mosense, e demais membros da Corporación Municipal do Concello de Mos.

Esta iniciativa enmárcase dentro dunha proposta da Asociación de Palilleiras de Mos para o programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia. Deste xeito a contorna do Pazo de Mos acolleu hoxe un desfile con prendas do Concurso de Noveis Deseñadores e coa presenza tamén de pezas de deseño de varias firmas galegas de moda, entre elas Mekkdes, de Patricia Ferreira.

O programa autonómico “O Teu Xacobeo” financia estas iniciativas das Palilleiras de Mos con motivo do Ano Santo, e “co obxectivo de impulsar a vertente artística, tradicional e cultural do municipio”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad