Sthela Táboas 30/08/2021

Según indica a presidenta de Deputación “Trátase dun programa que permite á mocidade ter a súa primeira experiencia profesional. O pasado ano conseguimos que o 25% das mozas e mozos participantes se quedasen nas empresas e ONG cun contrato indefinido”

A Deputación inviste 2,6 millóns € neste programa de contratos laborais en prácticas a través do que xa están a traballar outras 130 persoas na Deputación e nos concellos

Preto dun centenar de moz@s da provincia veñen de demandar participar no programa da Deputación “O Teu primeiro emprego” en empresas e ONG. En total, a Deputación inviste 2,6 millóns de euros nesta iniciativa de contratos laborais en prácticas para a mocidade a través da cal xa están a traballar 29 persoas na Deputación, outras 98 nos concellos e comezarán, a partir de setembro en empresas e ONG. “Trátase dun programa –destacou a presidenta Carmela Silva- que permite á mocidade titulada universitaria ou con ciclos formativos de grao superior ter a súa primeira experiencia profesional. O pasado ano conseguimos que o 25% das mozas e mozos participantes se quedasen nas empresas e ONG cun contrato indefinido”.

“Estamos a traballar para que a nosa mocidade teña unha maior capacidade de empregabilidade” afirmou a presidenta da Deputación ao referirse ao programa que conta con catro liñas de actuación independentes:  “O teu primeiro emprego na Deputación”, “O teu primeiro emprego nos concellos”, “O teu primeiro emprego nas empresas e corporacións sectoriais” e “O teu primeiro emprego en Organizacións non Gobernamentais”.  As catro liñas ofertan contratos en prácticas, con todas as garantías e dereitos, de ata un ano de duración.

Ata o de agora  están xa 127 moz@s a traballar na Deputación (29) e nos concellos da provincia (98) e, a partir de setembro, será a quenda das persoas que comecen nas empresas e nas ONG, para o que a institución provincial investirá 1,8 millóns de euros. Neste caso, a Deputación ten xa elixidas as entidades participantes e, en marcha, o proceso de selección d@s moz@s que se van beneficiar dos contratos en prácticas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad