Sthela Táboas 05/08/2021

Logo dunha hidrolimpeza e impermeabilización das fachadas, resolveranse as filtracións na cuberta que afectan aos Sevizos Sociais

Operarios da empresa “Naturgalia” comezaron ,hoxe a hidrolimpeza das fachadas do Concello, iniciando os traballos polo lateral do edificio consistorial que dá á rúa Antonio Palacios e cunha previsión de remate de 7 días laborais.

Posteriormente, unha vez seque a pedra, impermeabilizaranse as fachadas para preservar o edificio deseñado polo arquitecto Antonio Palacios.

A concelleira responsable de Vías e Obras, Lourdes Moure explicou que a decisión da eleción destas datas básase en que “o mes de agosto tradicionalmente hai menos veciñanza en O Porriño polas vacacións, e deste xeito teremos o edificio do Concello limpo e arranxado para as festas do Cristo, na quincena final de setembro”.

A ocupación de vía pública na contorna do Concello deberá terse rematada para o venres que ven, segundo as previsións da adxudicataria dos traballos conservación.

Continuarán ao longo do mes de agosto co arranxo da cuberta, para resolver as filtracións que cando chove afectan ao departamento de Servizos Sociais.

Na última fase, acometerase a impermeabilización da cuberta e o selado das fiestras, que rematarán na primeira quincena de setembro.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad